Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos: de onde veñen os bebés? (e outras preguntas)

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 3 a 8 anos

Cando:

23/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/10/2018 ata o 23/10/2018

Require inscrición

Horario:

18.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

O papel dos pais e das nais é fundamental para lograr unha boa saúde afectivo-sexual nas crianzas

Resulta fundamental que os nenos e as nenas teñan nos seus proxenitores, aos que están unidos por unha relación de apego, o exemplo deste benestar baseado no afecto, no respecto, no autocoñecemento e na propia estima. Débese satisfacer a curiosidade natural dos fillos e das fillas en relación coa temática afectivo-sexual, fuxindo de tabús e evitanto censurala cando a manifestan tanto a través de preguntas como de xogos de exploración corporal.

Da man dos Ratos de Lonxe de Todo, da compañía Trinketrinke Teatro, e a través dos contos traballarase a boa saúde afectivo-sexual, básica para o desenvolvemento dunha persoa. Entre os obxectivos que persegue esta actividade, a través da literatura infantil, están:

  • Fomentar unha visión positiva da curiosidade infantil como motor de toda aprendizaxe
  • Dar a coñecer o proceso afectivo-sexual da procreación-concepción
  • Proporcionarlles aos pais e ás nais pautas para a satisfacción da curiosidade infantil
  • Contribuír a un desenvolvemento satisfactorio da saúde afectivo-sexual dos nenos e das nenas

Os contos que forman parte da sesión son: ¿A dónde vas, Guille?, Mamá puso un huevo e Lo que papá me ha dicho.

Este contacontos forma parte da programación do Centro de Planeamento Familiar da Coruña na celebración do seu 35º aniversario.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión