Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos: Os Wombis

Por tipo de actividade:

Contacontos, Bebeteca

Por tipo de público:

Infantil, Bebés, Familias

A quen vai dirixido?:

De 0 a 7 anos

Cando:

02/04/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/03/2018 ata o 02/04/2018

Require inscrición

Horario:

De 18.00 a 19.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

981 18 43 88

Os Wombis chegan á biblioteca para acompañar a bebés e as súas familias no seu día a día

A través dun contacontos para os máis pequenos, a editorial Galaxia presenta as súas novas personaxes, Os Wombis, que o equipo creativo Bululú (Ton Porto, María Juanatey, Alba Payo e Diego Oubel), baixo o seudónimo Emilia Rebumbio, creou para axudar aos máis pequenos, e ás súas familias, nesas situacións cotiás que salpican os seus primeiros anos de vida.

Os Wombis, que cobran vida da man da ilustradora Irene Sanjuán, virán cargadiños de historias para compartir: Os Wombis e os chupetes, Os Wombis e a escuridade e Os Wombis e os cueiros conseguirán sacarnos máis dun sorriso!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión