Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos: rato canguro. Sesión sobre novas paternidades

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 3 a 8 anos

Cando:

13/11/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/11/2018 ata o 13/11/2018

Require inscrición

Horario:

18.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

É rara a vez en que as personaxes femininas aparecen como donas do seu destino ou con características como a valentía ou o espírito aventureiro. O máis habitual, de feito, é que estean vencelladas e subordinadas a personaxes masculinos que aparecen como suxeitos necesarios para "complementar ou dar sentido á existencia feminina".

Son escasos os contos para a infancia nos que os roles dos coidados aparecen repartidos e compartidos entre homes e mulleres, perpetuando estereotipos de xénero e contribuíndo negativamente a unha educación en igualdade.

Da man dos Ratos de Lonxe de Todo, da compañía Trinketrinke Teatro, e a través de varios contos, traballaranse nos modelos de igualdade, libres de prexuízos de xénero. A literatura infantil non é allea a este problema.

Entre os obxectivos que persegue esta actividade, a través da literatura infantil atópanse:

  • Fomentar valores de igualdade entre nenos e nenas
  • Promover a coeducación (educación non sexista)
  • Rachar cos roles ou estereotipos de xénero
  • Proporcionar un modelo masculino de coidador de outros e outras

Os contos que forman parte da sesión son: Suave y calentito, Héctor, el hombre extraordinariamente fuerte

Esta sesión de contacontos forma parte da programación do Centro de Planeamento Familiar da Coruña na celebración do seu 35º aniversario.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión