Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Curso: busca de traballo e empregabilidade

Tipo de actividade:

Cursos e formación

Tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+14 anos

Cando:

17/09/2018

finaliza o 28 de setembro

Inscricións:

Dende o 10/09/2018 ata o 17/09/2018

Inscrición presencial na biblioteca

Horario:

9.30 a 12.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Contacto:

Estás buscando emprego? Queres cambiar de traballo e non sabes como afrontar o proceso?

Neste curso traballaremos as distintas ferramentas para a formación profesional dotando das competencias para presentarte a unha oferta de traballo (CV, entrevista, carta). Veremos tamén o deseño da estratexia para a presencia nas redes sociais e, así, coidar a nosa  «marca persoal» como ferramenta laboral.

Queres saber ...

  • Formación en informática e tecnoloxía

    Ademais destes cursos temos á túa disposición o servizo de atención tecnolóxica personalizada, onde poderás realizar consultas concretas. Infórmate.

    En que consiste a formación en informática e tecnoloxía?

    Asústante os ordenadores? Pensas que es demasiado maior para empezar a utilizar un teléfono intelixente ou xa te iniciaches e gustaríache saber un pouco máis? Preocúpate a túa situación laboral se non tes coñecementos de tecnoloxía?

    Cos cursos de formación en informática e tecnoloxía poderás "romper o xeo" e adquirir os coñecementos básicos para desenvolverte no mundo dixital (comunicación, correo, emprego, participación cidadá, compras, trámites administrativos...) cos dispositivos actuais: ordenador, móbil, libro electrónico, tableta. E todo iso atendendo a un uso responsable e ético das distintas ferramentas e plataformas.

    Se o que necesitas é liquidar unha cuestión puntual básica e concreta relacionada coa configuración dun dispositivo móbil, con ferramentas e plataformas de redes sociais ou de internet en xeral, ou con trámites concretos que necesiten un asesoramento puramente tecnolóxico, tes á túa disposición o servizo de atención tecnolóxica personalizada.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?