Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Exposición: A saia raíña

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Cando:

Dende o 28/02/2019 ata o 17/04/2019

Xa rematou

Horario:

9 a 21 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

A saia raíña é unha exposición de testemuñas. Non é unha exposición fotográfica, aínda que hai fotografías; nin tampouco é unha exposición de videocreación, ainda que tamén a hai.

Rita Más dedicou seis anos a escoitar ás mulleres enloitadas de Galicia, para mostrar e dar voz ás que nunca foron escoitadas e mantiveron uns costumes que desvelan a desigualdade existente entre homes e mulleres tanto no acceso á cultura, a participación en festas e actos sociais e no dereito a manifestar os seus sentimentos.

As fotografías, audiovisual e gravacións que dan lugar á exposición foron recollidos  por distintas aldeas, municipios e cidades galegas das catro provincias.

Para estas mulleres, as informantas, como Rita as chama, son mulleres para as que o loito ten un significado especial: forma parte da súa identidade, da súa cotidianeidade, pero tamén das súas resistencias.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión