Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Exposición: Muller tiña que ser!

Por tipo de actividade:

Outras actividades, Visitas guiadas

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/04/2018 ata o 30/04/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre

Horario:

Luns a Venres: De 09:00 h. a 21:00 h.

Sábados: De 09:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 21:00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

Partindo dos estereotipos asignados tradicionalmente ás mulleres, e facendo uso do humor e a ironía, esta exposición homenaxea a todas as mulleres que se dedicaron e se dedican á investigación e á ciencia.

Esta exposición, que estará dispoñible para a súa visita todo o mes de abril no Fórum Metropolitano, vén completar os obxectivos que persegue e novo centro de interese Xénero e feminismos, dispoñible na Biblioteca Ágora. Podes visitala libremente ou anotándote nunha das visitas guiadas que organizamos e que atoparás ao final desta páxina.

Unha homenaxe e/ou recoñecemento ás que foron ignoradas e ocultadas, ás que asinan os seus escritos e patentes, ás que teñen premios e ás que os merecen. O fogar, o cuidado das persoas maiores e da infancia, o ensino, a saúde, foron lugares e profesións destinados tradicionalmente ás mulleres.

E elas, coñecendo estes espazos, enfrontaron as súas necesidades: investigaron e inventaron solucións para mellorar a súa vida e a das persoas das que coidaban.

Moitas mulleres sobresaíntes están nesta exposición: no terreo da saúde, Elena García desenvolveu Atlas 2020, un exoesqueleto para nenos/as,  armazón que detecta o movemento residual de enfermidades neuromusculares; no cuidado de neonatos/as; Virginia Apgar ideou en 1953 unha proba-escala estandarizada: o test de Apgar. No terreo do fogar, Florence Parpart foi unha empresaria que inventou e patentou o frigorífico. No ensino hai grandes pedagogas, entre as que atopamos a Ángela Ruiz Robles, quen sendo mestra en Ferrol deseñou a enciclopedia mecánica. Outras foron grandes biólogas, aviadoras, bioquímicas ou excelentes enxeñeiras ou matemáticas.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión