Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Letras Galegas 2017- Ramalletes editoriais

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral, Persoas adultas

Cando:

05/05/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 09.30 a 14.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#ramalletesbmc, #letrasgalegas2017

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

Ramalletes editoriais, o galego como valor de futuro no día das Letras

Coa finalidade de poñer en valor as letras galegas co gallo da súa celebración e de xeito específico o traballo que desde as editoriais máis pequenas se fai a prol da lingua e de contidos alternativos ao grande público, permitindo ao mesmo tempo a aterraxe de moitxs novos creadorxs no mercado editorial, queremos poñer en valor a actividade das pequenas editoras galegas a través dunha proposta chamada Ramalletes editoriais.

Programa da xornada

09:30- 10:30- Visita á biblioteca e presentación dos ramalletes editoriais

10:30-11:30- Charla coloquio editoras galegas: Apiario, Patas de Peixe e Chan da Pólvora.

11:30-12:00- Pausa café

12:00-12:30- Actuación a cargo de Cristina Montero coa súa proposta "Calvario" de danza contemporánea.

12:30-13:00- Desprazamento a Apiario

13:00-14:00- Visita á editora

Escolma de materiais

Consulta a escolma de materiais dispoñibles nas bibliotecas

Sumamos?

Ti tamén podes sumarte á proposta, subindo a túa foto a Facebook, Twitter ou Instagram e etiquetar ás Bibliotecas Municipais. A foto ten que incluír:

  • Un libro en galego (preferiblemente dunha editora pequena)
  • Un elemento natural (flor, ramallete, ramiña...)
  • Un sorriso
  • Os cancelos #ramalletesbmc e #letrasgalegas2017

A idea é que participe o maior número de persoas posible para poñer en valor:

  • o idioma como valor de futuro e emprendemento
  • o artesanal e natural para apostar pola calidade
  • un xesto que sume

Vídeo presentación da proposta

Podes visualizar o vídeo da proposta dos Ramalletes na canle en youtube.

Úneste a nós?

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión