Contacontos
Infantil, Familias
Familias con nenas e nenos de entre 3 e 7 anos
09/12/2020
Xa rematou
18h
Os ratiños e as ratiñas estarán con nós en directo desde Lonxedetodo!
Os ratos e ratas de Lonxedetodo non poden desprazarse ás bibliotecas debido aos peches perimetrais activos que impiden a mobilidade entre distintos municipios.
Mentres estas limitacións non decaian, conectaremos directamente con Lonxedetodo e retransmitiremos os encontros que tiñamos previstos con estes ratiños e ratiñas nas canles de Facebook e Youtube das Bibliotecas.
Non é necesaria a inscrición; só dispoñer de ordenador, tableta ou smartphone e conexión a internet. Ten en conta que podes reservar un ordenador da túa biblioteca para asistir a estes encontros virtuais con Fuco e o resto de ratos en directo desde a propia biblioteca.
Fuco xa nos adiantou algún dos contos que está a ler estes días e que sacou en préstamo nas bibliotecas:
Queres saber ...
En que consiste Merendas con Contos...?
É un programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, achegarannos aos libros e á música dunha forma atractiva e lúdica.
A actividade é executada pola compañía Trinke Trinke Teatro.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible