Encontros e presentacións, Charlas e debates
Persoas adultas, Docente/Centro escolar
17/03/2018
Xa rematou
Cancelado
Actividade cancelada
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
A tradición oral, un prezado tesouro que non debe perderse e a partir do cal será máis doado traballar a animación á lectura.
Cando se decide ter un bebé ou traballar coa primeira infancia debería embarcarse nunha importante viaxe, a de recoller a memoria das devanceiras, o que nos cantaban e nos contaban, aquela primeira literatura que foi pasando de xeración en xeración. Lembrar, preguntar e investigar para construír coa tradición oral un particular Libro da Memoria (da biblioteca, do barrio ou da familia), é un paso sempre necesario para facer lectores e lectoras.
Manuela Rodríguez (mestra, especialista en literatura infantil, responsable editorial e fundadora de Kalandraka Editora) xunto con Ana Abelenda (educadora infantil, especialista en literatura para as primeiras idades e membro do equipo de animación á lectura da editorial Kalandraka) serán as encargadas de achegarnos os contos e cantos tradicionais, e as súas fórmulas de traballo para sacarlles o máximo partido cos máis pequenos.
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible