Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro: Arte nos libros: Leonardo da Vinci

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

A nenos e nenas 8 a 11 anos.

Cando:

20/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/11/2019 ata o 20/11/2019

Require incrición

Horario:

18:30 a 19.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Polimatía: Leonardo e o Renacemento"

Obradoiro a cargo de Crearte Servizos Culturais.

Unha viaxe ao Renacemento na que as grandes ansias de coñecelo todo xuntáronse en Leonardo da Vinci, un home avanzado ao seu tempo. Afondaremos nas facetas de inventor, científico e artista, descubriremos curiosidades nas súas obras de arte e remataremos a actividade cun obradoiro relacionado coa ciencia, coa luz, que a el tanto lle interesou: faremos unha mini-cámara obscura.

Queres saber ...

  • Obradoiros

    En que consisten os obradoiros?

    Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.

    Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión