Talleres
Infantil
A partir de 7 anos
23/10/2018
Xa rematou
Dende o 16/10/2018 ata o 23/10/2018
Require inscrición
De 18.30 a 19.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca.
Este ano celebrámolo cun "Obradoiro de Deseño de bolsas - mochilas para Grandes Lectoras e Lectores" da man de "O Faiado de Nin". Coas bolsas deseñadas poderás levar varios libros en préstamo cómodamente e o máis importante poderás empregalas máis dunha vez e convertela nunha bolsa reulizable en pos dun mundo cada vez máis sostenible. Dirixido a: pais, nais, nenos e nenas a partir dos 7 anos e calquera persoa interesada.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible