Imaxe tomada de Pixabay
Talleres
Infantil, Xuvenil
De 10 a 15 anos
Dende o 03/11/2018 ás 11:30 ata o 24/11/2018 ás 13:30 , os sábados
Desenvólvese tódolos sábados de novembro.
Xa rematou
Dende o 27/10/2018 ata o 03/11/2018
Require unha única inscrición.
Sábados, de 11.30 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
binfantil@coruna.es
981184388
A Ciencia e a Tecnoloxía aterrizan de novo na Biblioteca Infantil e Xuvenil!
Da man de Trainnova, desta volta mergullámonos no mundo dos videoxogos.
Apetéceche crear o teu propio videoxogo?
Tes poucos coñecementos (ou ningún) de programación, ou xa probaches a facer algo? Este é o teu obradoiro!
Só tes que poñer as ganas e a imaxinación. O resto poñémolo nós.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible