Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obxectivo Bibliotk: Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Outras actividades

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Cando:

26/09/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/09/2018 ata o 26/09/2018

Require inscrición

Horario:

De 17 a 18:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza de Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña

Contacto:

Queres ser protagonista na biblioteca?

Con Obxectivo Bibliotk coñecerás todos os segredos da biblioteca e poderás compartir lecturas cos mozos e mozas do barrio.

Comezamos cun obradoiro sobre ciencia grazas a Ler conta moito, programa de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca. Afortunadamente temos restos biolóxicos do ladrón. Para descubrilo haberá que extraer ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos.

Neste obradoiro resolveremos o caso con material de cociña e aprenderemos que é a biotecnoloxía con Manuel Vicente, responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega "Efervesciencia"

Queres saber ...

  • Obxectivo Bibliotk

    En que consiste Obxectivo Bibliotk?

    Este programa persegue dar a coñecer todos os segredos da biblioteca e compartir lecturas cos mozos e mozas do barrio.

    As sesións están expostas cun enfoque lúdico e pretenden vincular as bibliotecas tamén coa procura de información e o tempo de lecer.

    Utilizaremos recursos web, a fotografía, vídeos... e tamén as redes sociais. Dá un paseo polo pinterest desta actividade para ver que facemos e decidirte a vir connosco.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión