Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Os Xoves na Sagrada: Luis Moro

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

07/02/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Achégate a gozar da música en directo na biblioteca e aproveita para botarlle un ollo á selección de música

A biblioteca Sagrada Familia ofrece o concerto en acústico de Luis Moro. Presenta o seu proxecto máis intimista e persoal: unha selección dos seus álbumes en solitario, incluíndo temas do seu último traballo discográfico, El pacto. Luis Moro formou parte de bandas coruñesas como Mephisto's 69 Monjas y Moro. Posteriormente, no 2015, uniuse a Silva Penide, Nando Deibe, César de Centi e Félix Arias no proxecto Cincoparedes.

Con este concerto iníciase un novo ano do ciclo de música entre libros, Os Xoves na Sagrada, proxecto que se vén desenvolvendo na biblioteca Sagrada Familia desde o ano 2010.

Queres saber ...

  • Os xoves na Sagrada: música entre libros

    En que consiste Os xoves na Sagrada?

    Os xoves na Sagrada son concertos entre libros, música e literatura unidos... Achégate a esta cita e descubre outra forma de gozar da biblioteca con estilos musicais de artistas de practicamente os 5 continentes: Aline Frazao, África Féte, Underskore Orkestra; de todos os barrios da nosa cidade: Os tres trebóns, Wolrus, May Thai & Torino Rockets; e doutros puntos de Galicia e España: Primordiais, Xoán Curiel ou El Kanka.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión