Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Pílulas temáticas: app´s, música, literatura, cine, natureza

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Cando:

14/03/2016

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/03/2016 ata o 14/03/2016

Require unha única inscrición para as 6 sesións

Horario:

18.30 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

Ciencia, natureza, saídas e visitas, encontros con persoas expertas. Apúntate e poderás coñecer, descubrir, experimentar e divertirte.

Se che interesa a música, o cinema, a literatura, a natureza e as app`s pero, sobre todo, a lectura, esta é a oportunidade perfecta para que esas inquedanzas se transformen en afeccións.

Nas Pílulas temáticas viaxaremos por diferentes temas, converterémonos en booktubers, sumerxirémonos nas orixes do cinema, comprobaremos por que os  videoxogos e a literatura en moitas ocasións van da man, e mesmo coñeceremos a importancia da natureza que nos rodea.

Que días teremos Pílulas temáticas

  • Luns 14 de marzo: APPS
  • Luns 28 de marzo: MÚSICA
  • Luns 11 de abril: LITERATURA
  • Luns 25 de abril: CINE
  • Luns 09 de maio: NATUREZA
  • Sábado 21 de maio: SAÍDA

A que agardas para apuntarte?

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión