Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Poetas di(n)versos: Susana Sánchez Arins e Joumana Haddad

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

15/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.30h

Duración:

1h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

dinversos_15outubro.pdf (815 KB)

Regresa o ciclo "Poetas di(n)versos", as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

Os encontros darán comezo o próximo día 15 de outubro, cun recital tan cheo de conciencia e reivindicación como de boa poesía, ao que seguirán encontros mensuais ininterrompidos ata xuño do 2019.

Feministas, loitadoras pola dignidade dos pobos marxinados e activistas a favor da liberdade de expresión e a igualdade de xénero, Susana Sánchez Arins vén dende Cuntis e Joumana Haddad de Beirut.

A nacida en Vilagarcía é a autora galega do momento, logo de que o seu título máis recente,"Seique", acadara un enorme consenso crítico. Profesora, implicada en cooperación ao desenvolvemento dende unha perspectiva de xénero e de opción ortográfica reintegracionista, Sánchez Arins fai parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega. Consulta os materiais de Susana Sánchez Arins dispoñibles nas bibliotecas.

Pola súa banda, Joumana Haddad está considerada unha das mulleres máis influíntes do mundo árabe. Figura revolucionaria no Líbano polo seu activismo social e cultural, ademais de escritora é profesora universitaria, e unha afouta xornalista que adoita colaborar con medios que van dende The Guardian a Corriere de la Sera. Ademais, fala sete idiomas e desempéñase tamén como tradutora. Consulta os materiais de Joumana Haddad dispoñibles nas bibliotecas.

Coma sempre, unha libraría de proximidade poñerá á venda os títulos das convidadas, quen se ofrecerán a asinar exemplares.

Queres saber ...

  • Poetas di(n)versos

    En que consiste Poetas di(n)versos?

    O ciclo "Poetas di(n)versos" está composto de citas mensuais coa mellor poesía de Galicia e do resto do mundo. Son actos de arredor dunha hora de duración, abertos e totalmente gratuítos, nos que propios e estraños poderán gozar de versos lidos en idioma orixinal e en tradución ao galego, nas voces dos seus autores e autoras, para descubrir a forza e emoción da palabra lírica.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión