Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Poetas di(n)versos: Víctor Rodríguez Núñez e Xiana Arias

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

26/11/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.30h

Duración:

1h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

PoetasDinversos_novembro18.pdf (573 KB)

Este é ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

Este encontro terá lugar o vindeiro luns 26 de novembro, e seguirano encontros mensuais ininterrompidos ata xuño do 2019.

Nesta ocasión coincidirán dous nomes cuxas raíces familiares se atopan no interior da provincia de Lugo: a fonsagradina Xiana Arias e o cubano Víctor Rodríguez-Núñez, donos de poéticas ben temperadas nas que conxugan memoria e pensamento.

Xiana Arias Rego naceu na Fonsagrada en 1983. Traballa como xornalista cultural na Radio Galega e forma parte da banda pop 'Atrás Tigre'.

Até o de agora, publicou os poemarios Ortigas (Espiral Maior, 2007) grazas ao Premio Xosé María Pérez Parallé, e Acusación (Galaxia, 2009). Títulos que están dispoñibles no catálogo da Rede de bibliotecas.

Con todo, textos seus aparecen tamén nos volumes colectivos Pirata (Brigadas de Intervención Rápida George Grosz, 2007), To the winds our sails. Irish Writers translate Galician poetry (Salmon poetry, 2010), Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural (Cineclube de Compostela, 2010), Capitalismo é um feito, revoluçom um direito (XXVI Festival da Poesía do Condado, 2012), Cantares para Rosalía (Consello da Cultura Galega, 2013), Novas de poesía (Fundación Novoneyra, 2014), Fanzine Cona Vol 1 No 1 (Cona, 2014), 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (Biblos, 2015) así como nas revistas Xistral, Dorna e, en moi pouco tempo, no segundo número da Revista Ligeia.

Recentemente participou como poeta do Festival dos Eidos no Courel e tamén no 'Polvorín de versos' de Chan da Pólvora, en Santiago.

Víctor Rodríguez Núñez (1955), nado na Habana de orixes galegas, é poeta, xornalista, crítico, tradutor e catedrático. Doutor en Literaturas Hispánicas pola Universidade de Texas en Austin, é profesor desa especialidade en Kenyon College, Estados Unidos.

Publicou dezaseis libros de poesía -case todos eles premiados e reeditados- os últimos dos cales son: Desde un granero rojo (2013), Deshielos (2013), Despegue (2016) ou El cuaderno de la rata almizclera (2017 e 2018).

Alén diso, compilacións da súa obra viron a luz en árabe, chinés, hebreo, inglés, italiano, francés, macedonio, serbio e sueco (e, seleccións algo menores de poemas, noutra ducia de linguas máis), así como en Arxentina, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Bolivia, Ecuador, España, Honduras e México.

Rodríguez Núñez ten amosado a súa obra en eventos literarios de máis de corenta países. En España recibiu os premios de poesía Renacimiento, Fray Luis de León (accésit), Leonor, Rincón de la Victoria, Jaime Gil de Biedma (accésit), Alfons el Magnànim e Fundación Loewe.

Durante os anos 80 foi xefe de redacción da revista cultural cubana El Caimán Barbudo, onde publicou numerosos traballos sobre literatura e cine. Preparou tres antoloxías que definiron a súa xeración, así como La poesía del siglo XX en Cuba (Visor, 2011). Ademais, traduciu poesía tanto do inglés ao español (Mark Strand, John Kinsella) coma do español ao inglés (Ida Vitale, Juan Gelman).

Coma sempre, unha libraría de proximidade poñerá á venda os títulos das convidadas, quen se ofrecerán a asinar exemplares.

Queres saber ...

  • Poetas di(n)versos

    En que consiste Poetas di(n)versos?

    O ciclo "Poetas di(n)versos" está composto de citas mensuais coa mellor poesía de Galicia e do resto do mundo. Son actos de arredor dunha hora de duración, abertos e totalmente gratuítos, nos que propios e estraños poderán gozar de versos lidos en idioma orixinal e en tradución ao galego, nas voces dos seus autores e autoras, para descubrir a forza e emoción da palabra lírica.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión