Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do documental Tecido resistente

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

19/09/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

de 19.30 a 21 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Presentación do documental "Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras", de Marina Chiavegatto, gañador do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña.

O documental Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras é a historia dos centos de mulleres que cambiaron  a  economía e a organización social de toda unha  comarca nos primeiros anos do século XX en Galicia.  Traballaban na fábrica Hilados y Tejidos de Vilasantar e cos cartos que gañaban encargábanse de manter a economía familiar.  Axiña descubriron que o salario que recibían era algo máis que só un feixe de billetes: era a súa independencia, o empoderamento feminino antes incluso de que ese concepto chegara a Galicia.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión