Encontros e presentacións
Persoas adultas, Xuvenil
21/01/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
De 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Justo Aliounedine Nguema Pouye en Visión Revolucionaria Utilidad social de Vrus, recompila todas as súas obras plásticas que xuntas narran un camiño autobiográfico á madurez, tanto da técnica como da introspección e a crítica visión do mundo.
AUTOR
Justo Aliounedine Pouye Nguema é un mozo activista que desde hai décadas vén utilizando diferentes disciplinas artísticas como ferramenta de reivindicación. Nas súas múltiples facetas, utiliza o pseudónimo de VRUS para recoller nun diario pictórico toda unha traxectoria de construción e creación. Unha mostra de cores, texturas e formas que dan sentido á súa evolución, como artista e como persoa. Claro defensor da transculturalidade musical, foi visto recentemente participando no lanzamento do novo disco de Amistades Peligrosas acompañando coa percusión nun dos temas que hai dúas décadas foron símbolo de denuncia social "Africanos en Madrid". Justo, VRUS, Yast Solo ou o Sr. Nguema á fronte deste proxecto piloto, é un profesional que non dubida en adiantarse aos ritmos africanos da súa comunidade para lanzar mensaxes claras de reclamo do lexítimo, ese dereito de cidadanía en igualdade de condicións que foi secuestrado dos libros de texto e da propia historia.
SINOPSE
El arte de la interpretación interactiva é o compendio de obras pictóricas do autor, onde se pode ver por etapas a súa evolución artística. Ademais inclúense textos inéditos da súa obra "Los mundos de VRUS", onde o artista narra a súa historia e como o debuxo e a pintura se van conformando na súa vida, sendo VRUS o personaxe que viste o autor cando se transforma en artista. Esta obra tamén inclúe poemas escritos polo autor, así como algunhas cancións do seu amplo repertorio como músico.
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible