Encontros e presentacións
Persoas adultas
Persoas adultas
26/06/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
de 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Antonio J. Balboa Toba presenta a súa nova novela "Vida e obra dun curandeiro"
Presentacion da novela de Antonio J. Balboa Toba "Vida e obra dun curandeiro", unha homenaxe ao gran fabulador mindoniense Álvaro Cunqueiro e á súa obra "Escola de Menciñeiros e fábula de varia xente", unha das obras máis coñecidas e celebradas da literatura galega que se centra nun mozo, tamén mindoniense, que se quere dedicar ao oficio tradicional de curandeiro e que para prepararse para o desempeño da profesión vai contar coa axuda do propio Álvaro Cunqueiro e do seu círculo de amizades, que lle irán abrindo as portas ao coñecemento de obras de lectura fundamentais para a súa formación na materia.
Este encontro cos lectores será presentado por Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia, Xosé Ramón Freixeiro, profesor na Facultade de Filoloxía, Laura Cedrón, animadora sociocultural do Fórum Metropolitano e Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible