Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Taller: Arte nos libros con Maruja Mallo!

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

de 8 a 12 anos

Cando:

22/04/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/04/2017 ata o 22/04/2017

Require inscrición

Horario:

de 12.30 a 13.45 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

Tel.: 981 184 388

De que mellor maneira podemos celebrar o Día do Libro? Con Arte nos libros!

Dentro do Programa Ler conta moito, internámonos na figura de Maruja Mallo con lecturas e actividades plásticas, que conforman este divertido taller no que poderedes observar, dialogar, xogar e crear, a partir de imaxes e textos literarios, para coñecer unha muller galega, transgresora cos convencionalismos sociais do seu tempo, á que se lle negou ata a data un lugar na historia da pintura española. Por iso é polo que Maruja Mallo é denominada "a surrealista esquecida", pintora surrealista española da xeración do 27 e unha artista da denominada vangarda interior española.

Como para non descubrir, a través dos libros, a magnífica pintura desta grande artista!!

Queres saber ...

  • Obradoiros

    En que consisten os obradoiros?

    Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.

    Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión