Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Xornada LEOBEN: Biblioteca e competencia lectora

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Asociacións, Docente/Centro escolar, Familias

Cando:

09/06/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 29/05/2017 ata o 09/06/2017

Require inscrición

Horario:

De 09.30 a 13.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#Leoben #ComprensiónLectora

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

A biblioteca como centro de recursos para achegar a lectura a persoas con dificultades de comprensión lectora

Nestas xornadas preséntanse as principais dificultades de aprendizaxe da lectura, os recursos para abordalas e as experiencias prácticas das principais asociacións da cidade que traballan para os nenos e nenas con necesidades especiais.

PROGRAMA

9:30- Acto Inauguración. Biblioteca Municipal Ágora - Queremos ser Rosas.

9:45- Comunicación. A biblioteca achega a lectura a todas as persoas. O centro de interés LEOBEN, experiencia da Biblioteca Municipal Ágora.

10:00- Mesa Redonda. Dificultades de aprendizaxe da lectura e recursos de promoción.

  • Dificultades na aprendizaxe da lectura. Pilar Vieiro Iglesias, UDC. Departamento de Psicoloxía Evolutiva e de Educación.
  • Recursos dixitais de promoción lectora. Patricia Digón, UDC. Departamento de Pedagoxía e Didáctica.
  • Dislexia nas aulas e na casa. Marta Fariña, AGADIX (Asociación Galega de Dislexia).

10:30- Biblioteca Municipal Ágora - Con moita cara.

10:45- Pausa.

11:15- Espectáculo de maxia. Atrapado na torre. Chrystyan Magic.

12:15- Mesa Redonda. Todos os camiños levan á lectura.

  • A lectura e a lingua de signos. Javier Sánchez, FAPXG.
  • Lemos en Braille. Mónica Blanco, aficilada á ONCE.
  • A lectura con pictogramas. Beatriz Sanjurjo, ASPANAES.
  • Un club de lectura fácil. Marta Fernández, ASPRONAGA.

12:45- Obradoiro con Anhida Coruña. Seven chega á Biblioteca.

13:30- Acto Clausura.

Agardámoste!

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión