Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Ciberclub de lectura

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio.

En que consiste o club virtual de lectura?

O Club virtual de lectura é un grupo de persoas que len un libro prestado polas bibliotecas, ou teu, se xa o tes na casa, da man dunha persoa coordinadora que orienta, motiva e asesora. Todos as actividades, comentarios, opinións ou reflexións relacionados coa lectura do libro ou calquera outro aspecto realízanse exclusivamente no blog do club (polo que non é necesario reunirse periodicamente).

Sabemos que o noso modelo de vida deixa pouco tempo para a lectura ou para asistir a faladoiros literarios. O club virtual de lectura, ou como o coñecemos máis familiarmente, o Ciberclub, naceu coa vocación de trasladar a Internet, á blogosfera, o tradicional club de lectura de tantas e tantas bibliotecas. A gran vantaxe é que non hai horarios, nin desprazamentos; simplemente goza da túa lectura e comenta cando queiras ou poidas.

Non necesitas ser unha persoa experta, simplemente cómpre que teñas gana de ler e, sobre todo, de compartir lecturas, opinións, reflexións...

Inscríbete

  • Se queres participar no club de lectura virtual debes cubrir un formulario. Inscríbete

Que debes ter en conta?

  • A través dos post vanse poñendo prazos de lectura e neles vanse escribindo os vosos comentarios. É importante respectar os prazos e deixar os comentarios que corresponden a cada prazo de lectura no seu post correspondente.
  • Os comentarios publícanse de maneira automática (non os sometemos a censura). Non modificamos en ningún caso os textos publicados polos membros do Club, tan só os revisamos para ver se se axustan ás normas de uso. En caso de non axustarse ás normas recollidas nesta sección, procederiamos a eliminar o comentario.

Ademais, eliminaranse todos aqueles comentarios con contido que:

  • Difame, abuse, acose, asexe, ameace ou viole os dereitos legais (como os dereitos de privacidade e publicidade) doutros.
  • Utilicen palabras malsoantes.
  • Ofenda ou falte ao respecto a calquera persoa ou institución.
  • Conteña contidos maliciosos, publicitarios e venda de servizos.
  • Calquera outra cuestión que menoscabe os dereitos dos demais.

Onde e cando?

Lugar

Día da semana Horario Frecuencia
Blog do Ciberclub Todos os días A calquera hora A que ti queiras

Últimas entradas no blog

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Próximo recital

  • Poetas di(n)versos: Víctor Rodríguez Núñez e Xiana Arias

    Cando:

    26/11/2018

    Inscricións:

    Entrada libre ata completar a capacidade

    Horario:

    20.30h

    Enderezo:

    Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?