Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Club de lectura QUEERuña

Tipo de actividade:

Clubs

Destinatarios:

Xuvenil / persoas adultas

Require inscrición

De outubro a xuño

En que consiste o club QUEERuña?

Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia, e segundo de España. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que conta, ademais, co apoio da Concellaría de Igualdade e Diversidade

Ademais das reunións mensuais onde comentamos libros, películas e música e poñemos en común as temáticas relacionadas (visibilidade, identidade, corporalidade...), este club ten o seu propio blog, un espazo dixital onde falamos dos fondos das bibliotecas, de actualidade literaria e de todo o relacionado coa diversidade na Coruña.

Para unirte non necesitas ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

Como participar?

Onde e cando?

Lugar

Día da semana Horario Frecuencia
Biblioteca Ágora Mércores 19 horas Mensual

Últimas entradas no blog

Selección de materiales 2017

Selección de materiais 2014

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Sigue os nosos chíos

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?