Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Clubs
Require inscrición
De outubro a maio. Quincenal
En que consiste O Pensatorio - Café filosófico?
O Pensatorio pretende ser un espazo de encontro para persoas ás que lles gusta dialogar e debater ideas sobre o mundo que nos rodea. Nel propoñémonos retomar a vertente práctica e comunitaria da filosofía, que se basea no exercicio activo e en común da capacidade racional que todos temos.
A partir de distintos materiais (textos filosóficos, literarios etc.), que nos servirán de eixo temático, e ao longo dunha serie de sesións, iniciaremos un diálogo aberto que non necesariamente ten que conducirnos a respostas concluíntes e definitivas senón, máis ben, como corresponde á verdadeira actitude filosófica, a abrir novos interrogantes e descubrir puntos de vista alternativos aos nosos.
Para participar non é necesario ter coñecementos previos de filosofía, tan só espírito crítico e gana de cuestionarse as cousas.
Como participar?
Onde e cando
Biblioteca | Día | Hora | Prazas |
Biblioteca Os Rosales | Mércores | 18.30 h | 12 |
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible