Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Música, de J. Castro Chané

Chané

Chané, fotografado por Avrillon

Entre o 15 de xuño e o 30 de agosto, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha mostra que lembra o centenario do falecemento de José Castro González Chané, un dos músicos que mellor soubo atopar a alma de Galicia.

A través da selección de publicacións que se expoñen, pódese percorrer a súa traxectoria vital unida sempre á música netamente galega chea de saudades.

Chané na Coruña

A derradeira vez que Chané estivo na Coruña foi en abril de 1908, chegado desde A Habana no barco Alfonso II acompañando os retos mortais de Curros Enríquez.

Con este motivo fíxose a fotografía firmada por Avrillon (o fotógrafo francés afincado na Coruña que renovaría a fotografía con novas técnicas) que se mostra nunha das vitrinas e na que aparecen, de esquerda a dereita, de pé: Bernardino Álvarez Otero, Robustiano Faginas, Francisco Tettamancy Gastó, Modesto Garrido, Florencio Vaamonde Lores; e sentados; Ramón Faginas, Alejandro Barreiro Noya, Emilio Castro, José Castro Ganozález Chané, Murguía e Eugenio Carré Aldao. Corría o ano 1908.

Chané xa só volvería á Coruña en 1917 para ser enterrado no Cemiterio de San Amaro.

Os teus ollos, Chané

Detalle da partitura

Chané e a emigración

A emigración vai marcar a música de Chané.

Na Habana coñece e faise amigo de Curros Enríquez. A partir de entón, a memoria do poeta permacecerá vencellada á do músico polas fermosas cancións que o maestro Chané creou musicando distintos poemas de Curros.

A partitura dunha delas pode verse na mostra. Trátase de Os teus ollos, obra que entoaron os coros e orfeóns coruñeses que acompañaron ao Orfeón El Eco en 1924, cando se inaugurou o Mausoleo adicado ao gran maestro,  un dos máis inspirados músicos da nosa terra.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa