Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
No ano 2017 cúmprense dez anos do Premio Nacional de Cómic, un galardón que outorga dende o ano 2007 o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Nas Bibliotecas Municipais levamos todo este tempo incorporando os títulos premiados ás nosas comictecas, así que é o momento de reunilas e amosar traballos tan ricos e diversos que producen os nosos autores e autoras máis destacad@s. Poderás ver todos estes cómics destacados nas bibliotecas entre o 1 e o 31 de agosto.
Ademais disto, temos preparadas dúas guías específicas:
Conciencia gráfica
Non fai falta explicar o poder da historieta para emocionar, conmover, axitar, ou impresionar a quen se atreve a mergullarse entre as súas páxinas. Hai cómics que entreteñen marabillosamente, sen máis (nin menos). E hai cómics que despois de lelos algo no interior de un cambia para sempre. È neses nos que nos imos deter. Historias que mostran realidades complexas, actuais, próximas e recoñecibles por todos e todas.
O mundo está moi revolto e necesitamos referentes, espellos nos que mirarnos para entender as cousas que pasan ao noso arredor. Por iso deixámosvos unha selección de cómics de temática social que pretende ser unha xanela aberta ao que sucede non tan lonxe e oxalá sirva para reflexionar e remover conciencias.
Grandes cómics para público infantil
Somos conscientes da importancia da lectura nas primeiras idades e, especificamente, da importancia da lectura de cómics porque, entre outras cousas, fomenta a creatividade e a expresión artística.
Esta guía ofrece algunhas recomendacións clasificadas por idades para axudar a seleccionar o cómic máis axeitado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible