Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Eduardo Pondal (1835-1917)

Detalle da partitura do himno galego

Detalle da partitura do Himno galego

Himno galego

Entre o 1 de febreiro e o 30 de marzo de 2017, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha mostra titulada "Eduardo Pondal (1835-1917)", coa que pretende lembrar o centenario do falecemento deste poeta, autor da letra do himno galego.

Entre a selección de materiais pódense ver distintos documentos nos que é posible recoñecer a vida e a obra deste autor nado en Ponteceso e falecido, fai agora cen anos, na Coruña.

En 1888, Pascual Veiga pediulle a Eduardo Pondal a letra para unha melodía coa que ía participar nun certame coruñés do que sairía a Mellor Marcha Rexional Galega. O poema "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de "Rumores de los pinos" foi o elixido. O 20 de decembro de 1907 presentouse en sociedade no Teatro do Centro Galego de La Habana. Desde entón foi considerado "Himno de Galicia" ata 1984, data na que o foi oficialmente, ao ser recoñecido, como tal, polo Estatuto de Autonomía de Galicia.

Na mostra pode verse unha das partituras que a biblioteca posúe do himno.  

Manuscrito orixinal do poema de Pondal a Curros

Detalle do manuscrito orixinal de Pondal

Pondal e Curros Enríquez

Pondal dedicoulle un poema a Curros no sexto cabodano do seu pasamento. Os versos de homenaxe foron enviados polo propio Pondal a Manuel Casás, presidente entón do Circo de Artesáns, lugar onde sería lida a composición o 5 de marzo de 1914.

"Seis anos da súa morte van pasados;

Os anos pasarán de toda edá.

Mas do poeta as estrofas, imposible!

Esas, non pasarán"

O manuscrito orixinal tamén está exposto nesta mostra bibliográfica.

Eduardo Pondal: guía de lectura

Ven ver de preto estes materiais

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?