Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Na lembranza, a expedición da varíola

Durante todo o mes de decembro, e coincidindo coa partida da corveta María Pita un 30 de novembro, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais, en colaboración coa Asociación Isabel Zendal, ten organizada unha mostra bibliográfica en recordo da épica viaxe que comezou na Coruña e que conseguiu erradicar unha das epidemias que máis mortes causou na historia da humanidade: a varíola.

Entre os fondos que se mostran encóntranse, ademais dos da Biblioteca (algúns deles doados pola Asociación Isabel Zendal), materiais cedidos por D. Carlos González Guitián.

A expedición

Un 30 de novembro de 1803 partía desde o porto da Coruña rumbo a América, a Real Expedición Filantrópica da Vacina que constituiría a maior odisea médica da historia. 

A expedición permitiu levar a vacinación aos territorios de ultramar grazas ao doutor Balmis e aos nenos que o acompañaban. Balmis conseguiu manter activo o virus transplantando a linfa dos brazos duns nenos a outros, facendo o camiño ata América. Eses nenos foron o caldo de cultivo imprescindible para o éxito da viaxe como tamén o foi unha muller, a galega Isabel Zendal, sen cuxo traballo, coidando deses rapaces, nada disto sería posible.

Detalle da publicación

Isabel Zendal

Na mostra poderás atopar materiais tan interesantes coma este discurso que pon en valor a inxustamente esquecida figura da enfermeira galega, Isabel Zendal, facendo fincapé en que o éxito da Expedición Balmis non se podería explicar sen ela, a Reitora da Casa de Expósitos da Coruña, que coidou dos nenos con amor maternal, mitigando a dureza da viaxe.

Detalle da ilustración

A vacina: unha ilustración

A ilustración Les oeuvres philanthropiques du Petit Journal apareceu publicada no Supplement Illustré du Petit Journal. Nela reprodúcese unha escena da vacinación gratuíta contra a varíola no gran vestíbulo do Petit Journal levada a cabo polo propio xornal.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión