Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Fanny Garrido, Fernando Rey: o centenario

poema de Fanny Garrido

Entre o 4 de setmbro e o 31 de outubro, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha mostra que lembra o centenario, neste 2017, de dúas persoas coruñesas que a cidade herculina lle deu ás artes: Fanny Garrido e Fernando Rey.

Fanny Garrido

No caso de Fanny Garrido, neste ano conmemórase o centenario do seu pasamento.

Esta coruñesa foi unha escritora do século XIX de sólida cultura, que coñecía varias linguas e que participou activamente na vida cultural da época na que viviu.

O poema que aparece na Gramática do idioma galego de Manuel Lugrís Freire, de 1922, na páxina 97, é obra de Fanny Garrido e foi aducido polo autor como exemplo para as formas pleonásticas verbais.

Tamén pode lerse este poema na Antoloxía de literatura feminina e feminista da segunda metado do século XIX, editada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Fotografía tomada o 8 de febreiro de 1975

Fernando Rey

Pola súa banda, Fernando Rey cumpriría, se vivise, neste 2017, cen anos.

Este coruñés foi o actor máis internacional do cine español que traballou ás ordes dos máis grandes directores españois e extranxeiros.

Fotografía  tomada o 8 de febreiro de 1975 con motivo da celebración , no Hotel Finisterre, dun almorzo-homenaxe a Fernando Rey.

Na imaxe pode verse, ademais de a Fernando Rey, e entre outros,  a seus íntimos amigos González Garcés, Luis Rodríguez Alonso, Enrique Cornide e Alfonso G. Catoyra

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?