Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Historias de regalo 2018

Como todos os anos, o persoal da Rede de bibliotecas prepara esta selección de materiais que, sin pretender ser exhaustiva, recolle aquilo que nos gustou especialmente entre o publicado nos dous últimos anos.

Cremos que che axudará a atopar pequenos tesouros para agasallar nestas festas de Nadal.

Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado, implica pensar moito nas persoas que o reciben. Por iso, os títulos que che propoñemos van acompañados dunha pequena reseña do seu contido e estarán expostos en todas as bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas estas propostas.

A nosa proposta para ti

Desexamos facilitarche a tarefa de escoller en función de gustos, intereses, preferencias, formatos... Visita a biblioteca municipal de proximidade do teu barrio, pérdete na nosa exposición "Historias de regalo" e atopa ese libro, disco ou DVD co que sorprender nestas datas.

Lembra, este Nadal tes unha parada  obrigada... AS BIBLIOTECAS.

Como organizamos os materiais seleccionados?

Os materiais aparecen organizados por criterios de idade e/ou contido. Así:

  • de 0 a 2 anos, de 3 a 5 anos, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos, de 12 a 14 anos e cómic infantil,
  • mozos e mozas,
  • persoas adultas e cómic,
  • para ver (audiovisual),
  • para escoitar (musical),
  • LGTB: diversidades sexuais e de xénero,
  • especiais e inclasificables,
  • clásicos renovados,
  • poesía,
  • cousas da Coruña.

Podes visualizar aquí mesmo esta publicación ou, se o prefires, descargala directamente no teu dispositivo.

Ti elixes!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión