Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Mostra: as Irmandades da Fala

peza da mostra

O Mariscal, de Ramón Cabanillas

A mostra sobre as Irmandades da Fala, dispoñible na Biblioteca de Estudos Locais, fai un percorrido pola súa historia, desde que naceran, no 1916 coa constitución da primeira delas, a da Coruña, e ata 1931, data na que xurde o Partido Galeguista.

As pezas que poden verse nesta mostra poñen de manifesto a actividade desenvolvida por estas agrupacións ao longo de 15 anos. 

Móstranse exemplares de distintas publicacións periódicas da época, incluida A Nosa Terra (publicación que fora  voceiro do idearium das Irmandades da Fala), obras de creación literaria, papeletas de suscripción ás Irmandades e ao Partido galeguista, as Bases para o Estatuto de Galicia, fotos dos protagonistas...

Entre os exemplares, atópanse pezas coma estas:

A Irmandade da Fala da Coruña puxo en marcha, no ano 1919, o Conservatorio Nazonal do Arte Galego, co fin de impulsar o teatro. O principal promotor desta iniciativa, Antón Villar Ponte, consideraba a arte escénica o medio máis efectivo para facer proselitismo do novo ideario nacionalista e darlle prestixio á lingua. Ramón Cabanillas, o poeta máis recoñecido naquel momento, foi o escollido polo xornalista viveirense para versificar o relato da decapitación do Mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo en 1843 por orde dos Reis Católicos o que fixo que, según Villar Ponte, "sucumbera a nacionalidade galega".

A obra que apareceu baixo o título de "O Mariscal", foi publicada en 1926, ano en que a deu ao prelo a editorial coruñesa Lar, dirixida por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal. O libro, con portada de Castelao e ilustracións de Álvaro Cebreiro, tivo unha tirada de mil exemplares que se esgotou rapidamente e que foi recibida con entusiasmo pola intelectualidade galega. En 1929 apareceu a versión operística do Mariscal, musicada por Eduardo Rodríguez-Losada e con decorados de Camilo Díaz Baliño e que, foi posta en escena por primeira vez no Teatro Tamberlick de Vigo e, deseguido, iniciou unha xira por toda Galicia que acadou un grande éxito de público e crítica.

peza da mostra

Nuestra afirmación regional, de Villar Ponte

Villar Ponte plantexou abertamente o problema da afirmación rexional de Galicia. A súa obra fundamental chámase así: «Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional», e foi publicada na Coruña no ano 1916

Esta publicación sentou as bases das Irmandades da Fala. Nela defendía o uso do galego en calquera contexto e apostaba pola creación da Liga de Amigos del Idioma. Foi unha publicacion que recollía ideas, argumentos e mesmo parágrafos literais dos artigos que Villar Ponte fora publicando en La Voz de Galicia a favor da lingua galega e da reorganización do galeguismo, acción esta que arrincaría menos de dous meses máis tarde coa fundación da primeira das Irmandades da Fala na Coruña. 

Ven ver de preto estes materiais

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?