Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Mulleres da Coruña

Mulleres da Coruña

Mulleres da Coruña é unha mostra bibliográfica da Biblioteca de Estudos Locais que persegue sacar á luz as mulleres coruñesas: as anónimas e as coñecidas, as emerxentes e as que xa non están, as que están por vir e as que están por descubrir.

O feito de ser muller significou, e aínda significa moitas veces, non acadar a visibilidade merecida polos seus méritos ou polos seus actos. Esta mostra pretende, polo tanto, destacar a algunhas das mulleres que escribiron, que están escribindo e que están por escribir a historia da nosa cidade. Falamos de mulleres como Emilia Pardo Bazán ou María Casares, pero, tamén, de outras menos coñecidas como a actriz Isabel Barrón ou a futbolista Irene González e de mulleres emerxentes como a pintora Dorda ou a decana do Colexio Notarial de Galicia, Isabel Louro.

Así, co paso dos anos, poderemos compilar unha memoria de Mulleres da Coruña na que as ausentes o estean por descoñecemento e non porque a historia lles negue o lugar que lles corresponde por dereito propio. As mulleres que aparecen na mostra deste ano, están recollidas na guía que a acompaña

muller anónima

As mulleres anónimas

As mulleres anónimas

As mulleres anónimas, contrariamente ao que puidese pensarse, son parte esencial desta historia. Son as que coa súa loita e co seu traballo conseguiron que, as que agora coñecemos con nome e apelidos,  puidesen desenvolver o seu labor, demostrar as súas calidades e a súa valía. Os seus logros non teñen un rostro de persoa. O que teñen é o rostro feito a retrincos das que, co seu ininterrompido esforzo, están a conseguir  que o final da loita contra a desigualdade e a falta de liberdade da muller, estea moi preto.

elas, de aurora marco

Detalle dunha das pezas

Elas, de Aurora Marco

Obra froito dun intenso labor de investigación iniciado pola súa autora na década dos 80. Recolle unha compilación de biografías que ofrecen unha visión do papel determinante da muller galega na sociedade do seu tempo.

Trátase do exemplar 145 dunha edición única e irrepetible, numerada en arábigo e limitada a 155 exemplares de tirada mundial, lexitimada por fe notarial adxunta con serigrafías asinadas polas autoras.

Publicación relacionada

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?