Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Picadillo, o alcalde que sabía de cociña

Picadillo

Con esta mostra bibliográfica a Biblioteca de Estudos Locais lembra a Picadillo, o alcalde que sabía de cociña. Este ano cúmprese o centenario do falecemento de don Manuel María Parga y Puga, máis coñecido como Picadillo.

Este home de grandes proporcións foi, para moitos, un dos máis agudos enxeños que producira Galicia no século XX. E era, tamén, ou así o dicía Wenceslao Fernández Flórez, afable e bondadoso, ademais de tremendamente irónico. Ría ata da súa sombra, incluso dando receitas:

"Cóllese unha folla de bacallau,

tan delgada coma Fernández Flórez,

e uns tomates

tan gordos coma min"

En 1913, cando xa era un famoso gastrónomo, decidiu dedicarse á política e converteuse en alcalde da Coruña en dúas ocasións, en 1915 e en 1917.

Da súa vida, cultura e afeccións trata esta mostra que, da súa man, achéganos ao Nadal.

ollomol

Receita de Ollomol de Noiteboa

Na súa Cocina Práctica, ofrécenos Picadillo algunhas ideas para elaborar o menú de Nadal. Sirva de exemplo este "Ollomol de Noiteboa".

Na edición de 2009 da editorial Boreal da Cocina Práctica, aparece unha serigrafía asinada por Carmen Martín, que ben pode servir para ilustrar esta receita.

"Vigilia reservada"

"Vigilia reservada"

Vigilia reservada foi a última obra publicada por Picadillo, en 1913.

A preocupación formal por cumprir co precepto relixioso contrasta cos excesos pantagruélicos recollidos neste receitario.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa busca combinando distintos criterios. Só tes que acceder á busca avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?