Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Plataforma de préstamo de libros electrónicos

GaliciaLe

É a hora de empezar a ler en dixital. Podes facelo en liña ou mediante a descarga temporal do material, ti elixes!

As bibliotecas públicas de Galicia facilitamos a todas as persoas con carné de calquera biblioteca o acceso a dúas plataformas de préstamo de libros electrónicos: unha en galego (GaliciaLe) e outra en castelán (eBiblio). 

Se aínda non tes o teu carné da biblioteca, non tardes máis en solicitalo. É gratuíto.

Como darse de alta?

O proceso de alta é válido para as dúas plataformas. O único que necesitas é o número do teu carné de calquera biblioteca de Galicia. Se xa dispós del non tes máis que acceder á web de GaliciaLe e, usando o dito número e seleccionando a biblioteca que cho expediu, verificar e/ou completar os teus datos persoais e de contacto. Se estás utilizando un carné dunha biblioteca desta Rede e por calquera razón os teus datos non aparecen, ponte en contacto con nós e darémolos de alta enseguida.

Unha vez que completes a información, especialmente a referida ao teu contrasinal de acceso, o sistema enviarache un correo electrónico para que verifiques o teu perfil. Feito isto, xa terás operativas as túas credenciais de acceso ás plataformas de préstamo dixital.

Como configurar o dispositivo?

As plataformas GaliciaLe e eBiblio proporciónanche dúas posibilidades de lectura:

  • lectura en liña, que non require ningunha configuración do dispositivo porque non se realiza a descarga do libro ou libros que vaias ler. O único necesario é unha conexión wifi ou mediante datos móbiles.
  • lectura mediante descarga, que, ademais de conexión a internet para realizar a descarga, precisa que configures unha conta en Adobe ID (cubrindo este formulario) e que instales no teu dispositivo a aplicación Adobe Digital Editions, que che permitirá realizar a lectura dos libros que elixas. Podes comprobar a compatibilidade da aplicación co teu dispositivo e, no caso de non ser, recurre a algún dos programas que se mencionan no titorial para o uso da plataforma do libro electrónico en galego.

Como funciona o préstamo dixital?

Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous libros en cada catálogo (dous no catálogo do libro en galego e outros dous no catálogo do libro en castelán) que estarán á túa disposición durante un prazo de 21 días. Se a obra ou obras que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo de dous).

Como accedo aos catálogos de libro electrónico?

Para saber máis

Préstamo de lectores de libros electrónicos

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?