Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

LGTB: as diversidades sexuais nas bibliotecas

Imaxe lgtb

Son moi numerosos os traballos académicos que falan sobre a importancia de que as bibliotecas públicas poñan a disposición do público materiais que traten a temátia LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais) para, por un lado, contribuír á súa normalización e, polo outro, loitar contra a LGTBIfobia brindando a oportunidade de achegarse a esta temática ao público que, a priori, poida ser reacio.

As municipais entenden

As bibliotecas propuxémonos, no ano 2012, impulsar a presencia de materiais desta temática e, ao tempo, darlle un tratamento especial aos materiais dos que xa dispoñemos.

A iniciativa abarca todo o traballo puramente bibliotecario (desde a selección dos fondos ata a súa adquisición e posta a disposición do público), pero tamén todo aqueloutro de difusión dos materiais e organización de actividades vinculadas, como a posta en marcha do que é o primeiro club de lectura LGTB de Galicia, o #QUEERuña.

A temática LGTB

No catálogo en liña podes recuperar todos estes materiais lanzando unha busca coas siglas "LGTB". Combinando este termo con outros coma "homosexualidade" ou "lesbianismo" podes perfilar aínda máis os resultados. Se che interesa filtrar por formato, combínao con termos coma "novelas", "cómics", "dicionarios", "contos", "guías", etc.

Selección de materiales 2017

Selección de materiais 2014

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?