Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Os proxectos

a eira

Nesta nova sección web iremos recollendo algúns dos proxectos que puxemos ou estamos a poñer en marcha nas bibliotecas.

Somos bibliotecas vivas en constante evolución. Pretendemos adaptarnos a ti e ofrecer recursos útiles e de calidade para todo o mundo.

Estes son algúns dos proxectos:

BiblioLAB A Eira

Trátase dun laboratorio de aprendizaxe colaborativa e interxeracional no Barrio de Sagrada Familia que ten o obxectivo de crear un espazo que facilite o desenvolvemento da comunidade, a mellora da calidade de vida e a innovación cidadá; ademais de lle facilitar á veciñanza a aprendizaxe a través da experimentación e o intercambio de ideas.

No desenvolvemento do proxecto traballamos con 4 grupos focais:

  • Mocidade entre 14 e 22 anos
  • Migrantes
  • Maiores de 50 anos con cualificación que poidan compartir con outras persoas
  • Maiores de 70 anos

A Eira consta de 3 fases:

  1. Investigación participativa: coñecer de man da veciñanza os seus intereses e as súas necesidades.
  2. Adaptación das instalacións para crear un espazo de aprendizaxe
  3. Posta en marcha e desenvolvemento da eira

Na posta en marcha deste proxecto de bibliolab, contaremos coa colaboración, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a Facultade de Socioloxía e a Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

"A eira" é ese espazo que crece cando o sementamos e fertilizamos con traballo e participación. Un lugar que nos define e nos fai crecer, no que cultivaremos aquilo que construamos de forma conxunta. Representa o valor da proximidade, a participación cidadá, a innovación social e a posta en valor das bibliotecas como centros de produción de coñecemento, aprendizaxe e desenvolvemento persoal e colectivo.

Podes ver a presentación en castelán seguindo a ligazón á nosa galería, ou vela directamente, en galego, na miniatura que aparece máis abaixo.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?