Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Atención tecnolóxica personalizada

muñeco con ordenador

Tes dúbidas á hora de configurar o teu teléfono móbil, tableta, libro electrónico ou portátil? Necesitas axuda con algunha ferramenta tecnolóxica ou plataforma?

As bibliotecas ofrecémosche, a parte dos distintos cursos de informática e tecnoloxía, un novo servizo de Atención tecnolóxica co que pretendemos promocionar a aprendizaxe e práctica das habilidades e actitudes axeitadas no ámbito dixital.

Esta formación, máis flexible e adaptada aos contidos e necesidades individuais, darache as chaves que necesitas dunha forma máis inmediata.

Como funciona o servizo?

Moi sinxelo: acode á túa biblioteca nas quendas de atención e formula as túas dúbidas á persoa experta. Se non fose posible resolver a cuestión de xeito inmediato, daráseche unha segunda cita para facelo.

Onde e cando?

Biblioteca Datas Día e hora
Biblioteca Ágora Do 12 de febreiro ao 11 de xuño, e do 3 de setembro ao 10 de decembro Martes, 16 a 19h
Biblioteca Castrillón

Todo o ano (agás o mes de agosto)

Luns, 17 a 20h 

Xoves, 10 a 13h

Biblioteca Fórum Do 23 de xaneiro ao 29 de maio Mércores, 17 a 20h
Do 4 de setembro ao 18 de decembro Mércores, 10 a 13h
Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga Desde o 4 de xaneiro (agás o mes de agosto) Venres alternos, 18 a 21h
Biblioteca Monte Alto Todo o ano (agás o mes de agosto) Luns, 10 a 13h
Biblioteca Rosales Todo o ano (agás xullo e agosto) Martes, 17 a 20h
Biblioteca Sagrada Familia Do 4 de febreiro ao 25 de novembro (agás xullo e agosto) Luns, 17 a 20h
Punto de Servizo de Mesoiro Do 9 de xaneiro ao 11 de decembro Mércores alternos, 17 a 20h

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?