Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Préstamo no fogar

Repartidor de libros en bicicleta

O préstamo que che levamos á casa.

Se es unha persoa con mobilidade reducida levámosche ao teu domicilio os libros, revistas, CD, DVD... que ti elixas. Le esta información para informarte de como poder facelo e selecciona no catálogo o que che interesa que che levemos.

Que requisitos debo cumprir para utilizalo?

Xa teño o carné, como accedo a este servizo?

Ponte en contacto coa Biblioteca Ágora, que é a que centraliza este servizo, e solicítao.

Como funciona?

A biblioteca concertará contigo a visita dunha persoa voluntaria que se encargará de levar e recoller os teus préstamos. Se queres, tamén poderás explicarlle os teus intereses e necesidades para que che suxira lecturas, películas, música... Se o prefires podes consultar directamente o catálogo e decidir ti mesmo que queres que che levemos.

Aínda non teño o carné

Chama igualmente á biblioteca Ágora e advírtelles que non tes o carné. Nese momento poderás proporcionarlles telefonicamente os datos necesarios para que che fagan un. Se o prefires tamén podes solicitalo a través da web. Na súa primeira visita, a persoa voluntaria levaracho. Ademais, fotocopiará o teu documento de identidade para achegar á túa solicitude e explicarache con detalle o funcionamento deste e doutros servizos.

Cantos exemplares podo ter en préstamo simultaneamente?

Cinco. Podes combinalos como queiras entre libros, DVD, CD de música...

Durante canto tempo?

Trinta días. Pasado este tempo volveremos ao teu domicilio para recoller estes materiais e, se queres, levarémosche outros.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?