Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Proceso participativo nas Bibliotecas

Mans de persoas durante unha reunión

Reunión de todas as traballadoras da Rede de bibliotecas (OUTUBRO 2016)

Estamos inmersos e inmersas nun proceso participativo interno para debater sobre o presente e o futuro das bibliotecas e dos servizos que prestamos.

Como última fase deste proceso participado, faise necesario que todo o persoal da Rede de bibliotecas manteña unha reunión conxunta para debater, compartir e intercambiar ideas.

Por iso, o próximo xoves 20 de outubro todas as bibliotecas permanecerán pechadas ao público e retomarán con normalidade a súa actividade o venres 21.

Reunións das traballadoras de cada centro de traballo (FEBREIRO 2016)

Para poder levalo a cabo cómpre efectuar reunións de equipo en cada centro de traballo onde todo o persoal da biblioteca debe asistir. Por iso, cada biblioteca permanecerá pechada durante toda a xornada en que se produza a dita reunión.

Entre o 22 de febreiro e o 17 de marzo, iremos alternando estas reunións nas distintas bibliotecas.

Toma nota:

  • luns 22 de febreiro: Biblioteca de Estudos Locais
  • xoves 25 de febreiro: Biblioteca Os Rosales
  • venres 26 de febreiro: Biblioteca Sagrada Familia
  • luns 29 de febreiro: Biblioteca Monte Alto
  • xoves 03 de marzo: Biblioteca Fórum Metropolitano
  • luns 07 de marzo: Biblioteca Castrillón
  • martes 08 de marzo: Biblioteca Infantil e Xuvenil
  • mércores 16 de marzo: Servizo Municipal de Bibliotecas
  • xoves 17 de marzo: Biblioteca Ágora

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?