Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de febreiro de 2015

A media de camiño ao maratón, por Pedro Nimo

Tras a súa participación o pasado domingo no medio maratón Coruña21 continuamos cos consellos do campión de España de maratón, Pedro Nimo del Oro, nesa viaxe conxunta que supón a preparación para o Maratón Atlántica do próximo 19 de abril.

Ola a todos, compañeiros!, estou seguro de que moitos de nós encontrámonos igual, con esa resaca post Coruña21, onde nos probamos e testamos de camiño a Coruña42.

Este pasado domingo houbo dúas formas de formular a proba, uns tomárona como test forte para medir os estados de forma e a evolución nos ritmos, se este foi o teu caso, non dubides que debes tomaresta semana con moitísimo relax, permitir que o teu corpo rexenere e asimile para poder así "cargar km" a tope dende a semana próxima.

Se a túa formulación en Coruña21 foi como medio para un fin, limitaríaste a recoñecer o circuíto e moverte a un ritmo medio, máis similar ao que será o teu ritmo de maratón, desta forma, a finais de semana, poderemos volver sumar algún adestramento de calidade para ese grande obxectivo de Coruña42!!!.

Como saberedes entramos na fase decisiva que durará ata 8-10 días antes do maratón, e durante ela, daremos prioridade aos ritmos de carreira, traballaremos moito o que será o noso "ritmo cruceiro" e para iso, reduciremos os tempos de recuperación entre series e buscaremos pulsos estables.

Doutra banda, chegan as últimas e importantes "tiradas", dedicaremos pois a maioría a nosa mañá de domingo a sumar km en progresión terminando a ritmos próximos aos que levaremos en carreira, adestraremos moito máis que para sumar km, senón que probaremos xeles, beberemos cada 5 km e mesmo adestraremos a nosa alimentación, facendo carga de hidratos de carbono na cea e controlando cun correcto almorzo.

É momento para probas, para decidir cales serán as nosas zapatillas e a nosa indumentaria, é momento de vivir o maratón, de apaixonarse con el e de dar sentido ás bágoas e emocións que chegarán cando crucemos a liña de meta.

Moito ánimo, gozade o camiño e non só o destino...

Seguirei comentándovos cousiñas as próximas semanas!, ata entón...

Mantéñanse mozos e belos!!!

Pedro Nimo del Oro

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión