Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2013

Completa o seu currículo como especialista en dietética, nutrición e alimentación deportiva. E si, tamén corre, e foi un dos valentes da primeira edición de Coruña42, conseguindo chegar por baixo de tres horas.

A tolemia de elixir zapatillas

Eduardo Seoane é fisioterapeuta especializado en fisioterapia deportiva, osteopatía e miofascial. Foi fisioterapeuta do R.C. Deportivo da Coruña durante 3 temporadas. Na docencia desempeñou labores de profesor colaborador coa Universidade de León.

Cada día son mais as casas de zapatillas que nos bombardean con novos modelos ofrecéndonos marabillas tecnolóxicas con novos materiais, formas, cores, tipos de costura e novas técnicas de fabricación, para pór no mercado o modelo mais rápido, mais amortecido, mais lixeiro,… en definitiva, creando  unha difícil elección para o corredor, que ao final non sabe que hai de certo en todo isto.

Cando nos formulamos a pregunta de “qué zapatilla merco” aparecen os eternos interrogantes, qué modelo, onde mercalo, cal é a idónea, etc.

Así como cando un xoga ao pádel se asesora e contrata un profesor; cando se empeza a nadar un monitor de natación, o corredor dá por feito que “sabe” correr e por suposto sabe adestrar...  Ahhhhh! pero isto non é tan fácil.

Adquirir unha boa zapatilla é fundamental á hora de evitar lesións, pois unha correcta elección será primordial á hora de evitalas. As zapatillas non son máis ca un instrumento para levar a cabo unha técnica correcta; teñen que personalizarse o máximo posible, tipo de pisada, peso, ritmos aos que se corre, distancia, lesións padecidas, e un longo etc.,  e cartos? Cando é realmente cara unha zapatilla? Na miña opinión cando se garda e non se utilice, aí si!, non importa o que custase se se utiliza e fai a súa finalidade, que é conseguir o obxectivo sen lesionarse.

Actualmente son numerosos e cada vez máis os modelos e tipos que están no mercado:

Neutras, para pronador, supinador, zero-drop, barefoot, voadoras, minimalistas… moitos conceptos que lle dificultan a elección ao profesional e ao corredor para decantarse por unha ou outras, pero ao final como dicía Bill Bowerman (fundador de Nike e pioneiro en creación de zapatillas) “hai que buscar o mínimo peso co mantemento de todas as cualidades”.

Non debemos obcecarnos naquelas que lle vimos a Gebre, as que nos di un amigo, aquelas que lle foron ben a un do meu ximnasio, etc., porque ao final cada corredor leva as súas ou... Abebe Bikila gañou o maratón de Roma 60 e Tokio 64 correndo descalzo.

Con todo iso o ideal é acudir a un profesional que nos oriente a elixir  a zapatilla adecuada para nós, aquela que nos dea a pisada o máis perfecta posible, aquela que sexa a máis eficiente e co mínimo risco lesivo e como din en F1: teñan coidado á hora de elixir o “pneumático” adecuado!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión