Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

ENTREGA DE DORSAIS

Poderanse recoller na planta de Deportes de El Corte Inglés de Ramón y Cajal nos seguintes días e horarios:

  • Venres 5 de 17.00 a 21.30 horas

  • Sábado 6 desde as 10.00 ás 21.30 horas.

De maneira extraordinaria, e para todas as e os atletas residentes fóra da cidade, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 7 de outubro, ata unha hora antes do comezo da proba, na zona da saída da proba popular.

Ás e aos atletas das categorías inferiores a entrega seralles realizada tamén o domingo día 7 ata unha hora antes da saída de cada unha das categorías.

COMO CHEGO Á SAÍDA?

Recomendámosche que o fagas en transporte público para favorecer, deste xeito, a mobilidade e o compromiso cun evento sustentable. Máis información na sección Avisos de Tráfico da web municipal www.coruna.gal

SERVIZO DE WC NA SAÍDA E NA CHEGADA

Dispoñibles no Frontón da Cidade Deportiva de Riazor

TEREI SERVIZO DE GARDARROUPA?

Si, estará situado no Frontón da Cidade Deportiva de Riazor en horario de 08:30 a 13:00 horas.

HABERÁ CAIXÓNS DE SAÍDA?

A saída organizarase por caixóns, de acordo cos tempos de cada unha das persoas participantes. Cada caixón estará sinalizado cun rótulo cuxa cor coincidirá coa cor do seu dorsal. A información da correspondencia de caixóns estará exposta na entrega de dorsais, así como na web municipal www.coruna.gal/carreraspopulares

Caixóns

Homes

Mulleres

1 (Dorsal Verde)

< 36 m

< 42 m

2 (Dorsal Vermello)

36 - 40 m

42 - 47 m

3 (Dorsal Amarelo)

40 - 45 m

47 - 52 m

4 (Dorsal Azul)

45 - 50 m

52 - 55 m

5 (Dorsal Morado)

> 50 m - Sen marca

> 55 m - Sen marca

HABERÁ AVITUALLAMENTO INTERMEDIO?

Si, hidratación coa colaboración de Coca - Cola, a partir do km 5, onde as persoas corredoras atoparán á súa disposición botellas de AQUABONA.

HABERÁ AVITUALLAMENTO DE META?

Ás persoas participantes na carreira absoluta, ao chegar á zona de meta, na explanada do Palacio dos Deportes, ofreceráselles avituallamento líquido consistente en bebida isotónica "Powerade", auga - AQUABONA, así como pezas de froita que ofrece El Corte Inglés e bolos de pan (Sanbrandan).

E a todas/os as/os participantes nas carreiras de menores, o mesmo avituallamento, fóra da bebida isotónica.

ONDE ME PODO DUCHAR AO REMATAR A CARREIRA?

Estará dispoñible o servizo de duchas ao finalizar a carreira no Frontón da Cidade Deportiva de Riazor.

TEÑO UNHA LEVE MOLESTIA, QUEN ME PODE AXUDAR?

Haberá persoas voluntarias a pé e en bicicleta, que estarán distribuídas entre diferentes zonas do circuíto e que colaborarán co equipo de emerxencias. Elas realizaranlles as primeiras atencións ás/aos corredores/as, co fin de o comunicar rapidamente se necesitan axuda.

CARREIRAS DE PREBENXAMÍNS

Os/as prebenxamíns deben correr sós/soas. O disparo de saída realizarase con confetti. A saída desta categoría realizarase na glorieta das Escravas. Habilitaranse caixóns de saída por ano de nacemento, diferenciados por cores: 2011: AZUL, 2012: VERMELLA, 2013: AMARELA. Por megafonía irase chamando por ano de nacemento, para deixar o neno ou nena no espazo acoutado. Despois de cruzar a meta, entregaráselles a medalla e habilitarase un espazo con monitores ata que se identifique o seu pai/nai/titor, e nese momento farase a entrega do/a neno/a. As familias non deben acceder a este espazo, senón que deben esperar a que se lles entregue o/a neno/a.

ENTREGA DE TROFEOS

Horario: a partir das 13:30 horas no palco situado na praza de Portugal. Entregaráselle trofeo ás tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría e ás gañadoras absolutos da carreira, excepto á categoría prebenxamín, que se lles entregará medalla á chegada á meta a cada un deles.

CLASIFICACIÓNS

Expostas na zona de meta ao finalizar a carreira. E tamén en www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.carreirasgalegas.com

Accede ás clasificacións a través do código QR do teu dorsal. Vive a chegada á meta en vivo a través dos resultados publicados na web.

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?