Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Premios e trofeos

A Coruña10 Premios

A entrega de premios realizarase ás 13.30 h na zona de meta unha vez finalizadas as probas de menores. Con caracter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podium os/as atletas premmiados/as. Por motivos organizativos non se entregará o premio a ningunha persoa que non sexa o/a propio/a atleta.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable): O/a atleta que gañe a carreira e bata o récord da proba tanto en categoría masculina (28:09) como en categoría feminina (31:40) obterán un premio de 1.000 euros.

categoría masculina / feminina
posto trofeo premio
1º clasificado/a Si 800 €
2º clasificado/a Si 600 €
3º clasificado/a Si 500 €
4º clasificado/a 400 €
5º clasificado/a 300 €
6º clasificado/a 250 €
7º clasificado/a 200 €
8º clasificado/a

150 €

atletas galegos categoría masculina / feminina (1)
posto premio
1º clasificado/a galego/a 400 €
2º clasificado/a galego/a 300 €
3º clasificado/a galego/a 200 €
(1) Premios non acumulables. Aboarase o de maior contía
atletas coruñeses categoría masculina / feminina (2)
posto premio
1º clasificado/a coruñés/a 100 €
(2) Premios non acumulables. Aboarase o de maior contía

Ademais das tres persoas clasificadas na xeral, as tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo n.º 5 do regulamento, recibirán un trofeo no podio de premiación.

Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción do récord da proba. En caso de duplicidade, aboarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios será necesario xustificar documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes, por medio do DNI, as españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras. Todos os premios estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.

Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación, a organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial.

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 | 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?