Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Regulamento

Regulamento

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 8 de outubro de 2017 na Coruña a XI Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial de competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola RFEA.

A saída da proba terá lugar ás 10.00 horas.

A saída terá lugar na avenida da Habana.

A proba realizarase sobre a distancia de 10 Km. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa totalidade. O percorrido estará debidamente sinalizado e terá marcados todos os puntos quilométricos. A carreira terá lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado a todo o seu ancho, sen utilizar ningunha zona peonil. Está prohibido o uso como zona de carreira das beirarrúas, sebes centrais, zonas axardinadas etc. O non cumprimento desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descualificación da persoa infractora.

Pode descargar e consultar o regulamento no documento adxunto no pé da páxina.

Outros contidos relacionados

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 | 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?