Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

O Medio Maratón Coruña21 ofrecerá unha serie de servizos a todas as persoas participantes para garantir a máxima satisfacción dos/as corredores/as antes, durante e despois da competición, que se disputará o próximo 17 de febreiro.

Adestramentos

O Club Hércules Termaria, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello da Coruña, programaron durante os próximos meses unhas datas de adestramentos dirixidos a aqueles corredores e corredoras que están a preparar a C21 e C42/10K, que queiran gozar dunha adestramento nesta distancia ou participen en diferentes distancias:

XI Medio Maratón Coruña21 - 17 de febreiro, distancia: 21 km

As datas destes adestramentos son as seguintes:

  • Sábado 12 de xaneiro: adestramento C21, C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 20 de xaneiro: adestramento C21, C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 27 de xaneiro: adestramento C21, C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 3 de febreiro: Maratest. Distancia: 15 km ás 10.45 horas

Domingo 17 de febreiro participación na C21

VIII Maratón Atlántica Coruña42 - 14 de abril, distancias: 42 e 10 km

  • Domingo 3 de marzo: adestramento C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 10 de marzo: adestramento C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 17 de marzo: adestramento C42 ás 11.00 horas
  • Domingo 31 de marzo: maratest. Dúas distancias: 15 km e 28,5 km ás 09.45 horas

Domingo 14 de abril participación na C42/10K

Para quen están dirixidos os adestramentos?

Para aquelas persoas que están a preparar a C21, C42 ou 10K; para aqueles corredores e corredoras que queiran gozar dun adestramento nesta distancia ou participar en diferentes distancias.

A actividade está aberta a toda a xente interesada, é unha actividade pública.

Recepción das persoas participantes

Verémonos na recepción de sport de Termaria Casa da Auga. As persoas que participan deberán estar cambiadas e co material necesario para o desenvolvemento da actividade 10 minutos antes.

Normas técnicas, regulamento

Será obrigatorio o material deportivo, zapatillas e roupa deportiva. A proba desenvólvese co fin de adestramento e goce dela, xa que a actividade require esforzo físico, deberase vir descansado e hidratado.

  • Deberanse respectar as normas e as persoas compañeiras que asistan a ela.
  • Calquera lesión ou circunstancia deberá comunicarse.
  • O abandono da proba deberá ser comunicado.
  • Aquelas persoas participantes que soamente queiran realizar distancias menores, poderán participar nos adestramentos comunicándollo ao/á técnico/a da actividade.
  • Algunha sorpresa ao final do adestramento agárdate.

Ademais, sortearemos uns dorsais para participar en C21 e C42 entre as persoas asistentes, coa seguinte normativa:

  1. Os dorsais da C21 sortearanse o día 30 de xaneiro entre aquelas persoas que polo menos participasen en 2 dos 3 adestramentos programados ata esa data.
  2. Os dorsais da C42 sortearanse o 27 de marzo entre aquelas persoas que polo menos participasen en 4 adestramentos dos 8 programados ata esa data.

É necesario que todas as persoas participantes se inscribisen antes do adestramento na seguinte ligazón

Inscrición ao evento

Podes consultar máis información en

Club Hércules Termaria - Adestramentos

Entrega de dorsais

Caixón de saída cor do dorsal

A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda City o venres día 15 en horario de 17:00 a 21.30 horas e o sábado día 16 de 10:00 a 21:30 horas.

Tamén poderán recollerse os dorsais o propio día da carreira na zona de saída/meta no Obelisco, de 8:30 a 9:45 horas. Pídeselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.

Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as/os corredoras/es finisher poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo.

Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintivo, cuxa orde pode consultar no documento adxunto no pé da táboa.

Caixóns de saída

Caixóns de saída

Caixóns de saída

Haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan embotellamentos no inicio da proba. Cada un deses caixóns pódese identificar cunha cor de dorsal distintiva, indicada no cadro. Pídeselles responsabilidade ás persoas atletas á hora de situarse neles para poder gozar todos o día da carreira.

Caixón 1

Verde

Homes < 33 min en 10km e < 1h20min no medio maratón
Mulleres < 40min en 10km e < 1h35min no medio maratón

Caixón 2

Vermello

Homes entre 33 min e 36 min en 10km e entre 1h20 min e 1h25 min no medio maratón
Mulleres entre 40 min e 43 min en 10 km e entre 1h35 min e 1h40 min no medio maratón

Caixón 3

Amarelo

Homes entre 36 min e 39 min en 10km e entre 1h25min e 1h30 min no medio maratón
Mulleres entre 43 min e 46 min en 10 km e entre 1h40 min e 1h e 45min no medio maratón.

Caixón 4

Azul

Homes entre 39 min e 42 min en 10km e entre 1h30 e 1h35 min no medio maratón
Mulleres entre 46 min 49 min en 10 km e entre 1h45 min e 1h50 min no medio maratón

Caixón 5

Morado

Homes tempos superiores aos especificados no Caixón 4, ou sen marca
Mulleres

Avituallamento

Seguindo as normas da I.A.A.F, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e aproximadamente cada 5 quilómetros.

Todas as persoas participantes que desexen utilizar un avituallamento propio deberanllo entregar á organización ata unha hora antes da saída, debidamente cerrado e marcado co seu número de dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo. No caso de que a/o participante queira que o seu avituallamento persoal se lle entregue en man, é a súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá estar acreditada pola organización.

Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora.

Así mesmo poñeranse a disposición das persoas corredoras colectores suficientes para a recollida dos residuos, que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización por parte das persoas participantes, poderá supoñer a súa descualificación.

Cantón pequeno en dirección á praza de Mina

PUNTO 1

Km 9,515

Está activo no segundo paso de carreira por ese punto

Auga + isotónica + froita

Av. do Exército direccióná  praza da Palloza á altura da praza de Tabacos

PUNTO 2

Km 5,255

(primeira volta)

Está activo nos dous pasos de carreira por ese punto

Auga

Km 14,555 (segunda volta)

Auga + isotónica + froita

Paseo Marítimo dirección á rotonda de Ánimas en dirección ao Paseo de Ánimas á altura da S.D. Hípica

PUNTO 3

Km 19,235

Está activo no segundo paso por ese punto

Auga

Tempo de chegada

O peche da proba realizarase ás 12:30 h, 2 horas e 30 minutos despois da súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo 10 km. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á distancia total, a persoa participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.

Roupeiro

Habilitarase un servizo de roupeiro que estará dispoñible para todas as persoas corredoras nunha carpa situada nunha zona próxima á zona de saída, no Obelisco desde as 08.30 ata as 09.30 e desde as 11.15 ata as 13.00 horas o día da carreira.

Servizos W.C. portátiles

Os/as atletas terán á súa disposición baños portátiles situados na saída e na zona do Porto de Oza do trazado de Coruña21

Duchas

Establecerase un servizo de duchas nas instalacións da Cidade Deportiva de Riazor ao que as/os atletas poderán acceder co seu dorsal, en horario de 11.00 a 14:30 horas.

Entrega de premios

Ás 12:30 h no palco situado próximo á meta

Vídeo de chegada

As persoas atletas ao consultaren os seus resultados poderán acceder á gravación en vídeo da súa chegada á meta en www.carreirasgalegas.com

Clasificación e diplomas

As clasificacións colocarase nos taboleiros informativos na zona de meta. Así mesmo todas as persoas participantes poderán consultar as clasificacións en  www.carreirasgalegas.com

Unha vez que se publicasen os resultados de Coruña21 na web www.coruna.gal/carreraspopulares, durante os seguintes días, as/os atletas poderán acceder para descargar o diploma personalizado co seu nome e o tempo realizado.

Ademais, todas/os as/os corredoras/es finisher poderán visualizar a súa entrada en meta a través dos resultados publicados en www.carreirasgalegas.com

Responsabilidade

A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo a organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?