Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Voluntariado

O próximo 18 de febreiro, A Coruña volverá contar cunha nova cita deportiva, a X edición do Medio Maratón C21, que organizan o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo. Mais non todo é correr.

Podes participar no medio Maratón C21 dunha forma diferente: podes formar parte da organización, vivir a proba desde dentro e contribuír a facela posible. É un esforzo diferente e de carácter altruísta, pero que implica unha gran satisfacción por lles axudares activamente aos e ás corredoras que cruzan a meta.

O éxito de Coruña21, así como de todas as carreiras que se desenvolven na cidade herculina, é froito non só da participación ou dos logros deportivos, senón tamén de todas as persoas que colaboran na organización, con especial mención ás voluntarias.

Elas e eles constitúen unha parte fundamental para o bo desenvolvemento destas probas e compoñen un grupo de traballo con diferentes motivacións, aos que lles gustan os eventos deportivos e que comparten a súa vontade altruísta de colaborar e apoiar diferentes acontecementos da cidade.

Nas súas enquisas de cada carreira, os e as corredoras deixan constancia da súa valoración a todas e cada unha das persoas voluntarias, que son sempre cualificadas cun 10 pola súa calidade humana, polo seu gran labor, polo respecto e a calor que transmiten en cada unha das súas accións.

Sen a vosa presenza, sumando esforzos co obxectivo de contribuír ao éxito, os eventos deportivos na nosa cidade non serían posibles.

Fan falta moitas mans que se sumen para sacarmos adiante unha proba que non comeza o mesmo domingo, senón moito antes, para poñer a punto cada un dos detalles que fan posible que unha cita deportiva deste calibre saia á perfección edición tras edición.

Agardámoste se tes máis de 18 anos e queres colaborar: inscríbete AQUÍ (Formulario de inscrición):

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?