Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Afección Tráfico Coruña42

Afección ao tráfico Maratón Coruña42 e Carreira 10K

Afección ao tráfico

Maratón Coruña42

De 5.30 a 15.00 h

  • Corte dos Cantóns: Ambrosio Feijoo ata a praza de Mina (montaxe zona de saída)

De 8.00 a 13.15 h

  • Corte total de Juana de Vega - praza de Pontevedra - Modesta Goicuría - Paseo Marítimo (desde a glorieta da Casa dos Peixes ata a glorieta das Escravas) - Manuel Murguía (desde glorieta das Escravas a Almirante Lángara), montaranse os seguintes desvíos:

    • Ponse dobre sentido no túnel da praza de Pontevedra, permitirase a conexión de Santo André con Juan Flórez - Francisco Mariño a través de Duran Loriga, e poñerase dobre sentido ata a rúa Hortas, comezará a súa montaxe ás 6.30 h.
    • Cámbiase o sentido da r/ Santa Catalina cara a Santo André.
    • Cámbiase o sentido da r/ Hortas cara a Durán Loriga.
    • O tráfico do Paseo Marítimo - Escravas desvíase polo polígono de Náutica cara á prolongación de Manuel Murguía.
    • O tráfico de Manuel Murguía desvíase por Paseo de Rolda - Avda. da Habana.
    • Mantense a conexión Avda. da Habana - Buenos Aires - Rubine
    • Mantense a conexión da r/ Sol coa r/ Hospital (vital para o transporte público).

De 8.00 a 14.00 h.

  • Corte total de Cantóns - Praza de Mina - Sanchez Bregua - Linares Rivas - Primo de Rivera - Avda. do Exército (Ata a glorieta da Rolda de Outeiro) - Estrada do Porto (ata a glorieta de Oza) e móntanse os seguintes desvíos:
    • Habilítase un carril para cada sentido de circulación desde a praza de Ourense ata o viaduto de Alfonso Molina, a calzada de entrada cidade (lado porto), comezarase a súa montaxe sobre as 6.30 h..
    • O tráfico de entrada pola Avda. do Pasaxe AC-12, desvíase á glorieta de Casabranca, só se permitirá o paso polo túnel dos Castros aos vehículos que van ao porto, comezará a súa montaxe sobre as 6.30 h.
    • O tráfico de entrada do túnel de Eirís AC-10, desvíase á glorieta de Casabranca.
    • Mantense un carril, sentido saída cidade, desde Primo de Rivera á praza da Palloza cara a Ramón y Cajal.
    • Mantense un carril, sentido saída cidade, desde Fontán-Padre Feijoo con Alfonso Molina.
    • Prohíbese o estacionamento en Lugar de Ánimas, r/ García Canzobre, r/ Juana de Vega, un tramo de Durán Loriga, Santa Catalina, Modesta Goicouría, Manuel Murguía, intersección da Avda. do Exercito - Casa do Mar.
    • As zonas de estacionamento que estean dentro do percorrido prohibirase DESAPARCAR, durante a realización do evento (10 K de 8.30 a 10.00 h C42 de 8.30 a 13.30 h), salvo que teñan un carril habilitado ou estea expresamente prohibido con sinalización portátil que son as zonas do punto anterior.

Carreira Popular 10k

De 8.30 a 10.15 h

Corte total do Paseo Marítimo do Castelo de San Antón ata o IFP de Monte Alto (antes da glorieta da Casa dos Peixes) manterase a circulación entre a Avda. Metrosidero e o túnel do Parrote pola r/ Julio Portela Ceballos (Hípica) para este corte móntanse os seguintes desvíos de tráfico:

  • Córtase o acceso ao túnel do Parrote desde o túnel da Mariña, con supervisión POLICIAL por gálibo, manterase o sentido de saída da cidade desde o Castelo de Santo Antón.
  • Habilítase un carril con tráfico alternativo para acceder desde o lugar de Ánimas ao Oceanográfico.
  • Córtase o acceso á r/ Veramar, só para garaxes e residentes.
  • Dáse tráfico alternativo na r/ García Canzobre (Residencia Torrente Ballester) para entrada e saída de Adormideras cara á Avda. Navarra.

Paradas de taxis afectadas

  • Modesta Goicouría: desprázase a Rubine
  • Cantóns: suprimida ata as 15.00 h
  • Casa do Mar: mantense
  • Paseo da Dársena: mantense

Liñas de buses

  • As liñas de buses cuxos percorridos se vexan afectados pola proba deberán realizar o itinerario habitual para estes cortes, consistentes en ir a Catro Camiños - Castiñeiras de Abaixo - Viaduto Alfonso Molina - Linares Rivas - Avda. do Porto - Túnel da Mariña / María Pita.
  • Os buses interurbanos, só poderán entrar ata a praza da Palloza, realizando o percorrido de saída pola praza da Palloza - Primo de Rivera (Casa do Mar) - Ramón y Cajal . Anúlanse as paradas de Praza de Ourense, Entrexardíns e Costa da Palloza 4, mantense a de Costa da Palloza 5 (Bingo).

É de mencionar que a meta está situada na praza de María Pita, cuxa montaxe comezará o sábado 13.

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?