Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Categorías e premios

Categorías e premios

categoría ano de nacemento
Sub 23 1996-1997-1998
Sénior Desde 1995 e anteriores ata veteranos
Máster 1 De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
Máster 2 De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
Máster 3 De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
Máster 4 De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
Máster 5 De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
Máster 6 De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
Máster 7 De 65 anos cumpridos no día da proba, en diante
Discapacitados/as en cadeira de rodas Nacidos/as en 1998 e anos anteriores

Atletas con discapacidade: en cumprimento do previsto no artigo 16 e 51.6 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, incorpórase a participación de atletas con discapacidade en cadeira de rodas.

Realizaranse as seguintes clasificacións:

  • Clasificación Xeral Absoluta
  • Clasificación por categorías masculina e feminina

As persoas participantes dispoñerán dun prazo máximo de 30 minutos desde a publicación dos resultados oficiais, para realizar de forma verbal, as reclamacións ao Xuíz Árbitro.

Premios e trofeos

Categoría Xeral Absoluta Homes e Mulleres Marca homes (1) Marca mulleres (2)
1º clasificado/a 2.500 € e trofeo

Realizar

2:12:00

ou menos

Realizar

2:32:00

ou menos

2º clasificado/a 1.700 € e trofeo
3º clasificado/a 1.250 € e trofeo
4º clasificado/a 900 €
5º clasificado/a 650 €
6º clasificado/a 450 €
7º clasificado/a 250 €
8º clasificado/a 100 €

(1) No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:12:01 e menor ou igual a 2:19:59 aplicarase unha rebaixa do 50%. No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2h:20:00 a cantidade para percibir quedaría reducida a un 25% da orixinal.

(2) No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:32:01 e menor ou igual a 2:49:59 aplicarase unha rebaixa do 50%. No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2h:50:00 a cantidade para percibir quedaría reducida a un 25% da orixinal.

Atletas con nacionalidade española Homes e mulleres
1º clasificado/a 800 € e trofeo
2º clasificado/a 500 € e trofeo
3º clasificado/a 250 € e trofeo

Serán considerados/as atletas de nacionalidade española aqueles/as que presenten o correspondente DNI.

Atletas empadroados/as en Galicia Home e mulleres
1º clasificado/a 600 € e trofeo
2º clasificado/a 300 € e trofeo
3º clasificado/a 150 € e trofeo

Serán considerados/as atletas galegos/as aqueles/as que presenten un certificado de empadroamento nalgún dos concellos de Galicia.

Atletas coruñeses/as (empadroados/as na Coruña)

Homes e mulleres
1º clasificado/a 150 € e trofeo

Empadroados/as no Concello da Coruña: para recoller os premios aos mellores coruñeses, estes deberán remitir o certificado de empadroamento ao seguinte enderezo de correo electrónico: secgeneral@fgatletismo.com

Premio especial Récord da proba (Premio acumulable): o/a atleta que gañe a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (2h:12:21) como na feminina (2h:40:23) obterá un premio de 1.000 euros.

Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción do récord da proba. En caso de duplicidade, aboarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios será necesario xustificar documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes, por medio do DNI, as españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras.

Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender calquera posible reclamación, a organización resérvase a posibilidade de facer entrega dos premios en metálico a partir do luns seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial.

Retencións: todos os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.

Así mesmo, entregaránselles trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no art. 6, os trofeos son acumulativos.

Horarios de entrega de premios

A entrega de premios do Campionato Galego e Carreira Popular do Maratón realizarase na praza de María Pita ás 14.00 horas.

As persoas atletas premiadas deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?