Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Inscrición

Inscrición

Maratón Atlántica Coruña42

Cota de inscrición

PERSOAS FEDERADAS DA F.G.A. PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE GALICIA POPULARES E RESTO DE PERSOAS FEDERADAS
Inscrición gratuíta para as/os atletas con licenza da FGA debidamente dilixenciada

Ata o 31 de marzo do 2019 ou ata chegar ás 1.500 persoas inscritas 25 

Do 1 ao 7 de abril de 2019: 40 €

Poden realizar a inscrición a través das seguintes opcións:

  • Inscrición en liña: a través da pasarela de pago inserida na páxina da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com Estará operativa desde a publicación do regulamento, ata as 23:59 horas do 7 de abril de 2019.
  • Inscrición presencial: cubrindo a folla de inscrición e aboando a correspondente cota. Informarase da localización dos puntos de inscrición presencial e dos prazos de inscrición.
  • Prazo extraordinario de inscrición: con todo, e para todos/as aqueles/as que por causas alleas á organización non poidan formalizar a súa inscrición antes das 23:59 horas do 31 de marzo, terán a opción de realizala desde o 1 de abril e ata as 23:59 h do 7 de abril, cun incremento na cota de participación de 15 €, polo que a cota de participación sería de 40 €.
  • As inscricións gratuítas para o Campionato Galego terán que realizarse exclusivamente a través do sistema en liña da RFEA, https://isis.rfea.es/sirfea2/, ata as 23.59 do 7 de abril de 2019 (ver circular correspondente).

  • Non se aceptarán inscricións fóra dos prazos establecidos.

Bonificacións:

50% para maiores de 65 anos, posuidores do Carné Xove e persoas paradas. Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento en que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviar os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@carreirasgalegas.com

  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
  • Posuidores/as do carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
  • Parados/as: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego.

O prazo para a solicitude de bonificacións e o envío de documentos por correo electrónico, finaliza ás 23:59:00 horas do 31 DE MARZO do 2019

Categorías

De acordo coa regulamentación da Real Federación Española de Atletismo, as categorías feminina e masculina para o Maratón Coruña42 serán as seguintes:

Categoría Ano de nacemento
Sub 23 1996 - 1997 - 1998
Sénior Desde ano 1995 e anteriores ata a categoría máster.
Máster 1 De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
Máster 2 De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
Máster 3 De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
Máster 4 De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
Máster 5 De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
Máster 6 De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
Máster 7 De 65 cumpridos no día da proba, en diante
Discapacitados/as Nados/as en 1998 e anos anteriores

Atletas con discapacidade: en cumprimento do previsto no artigo 16 e 51.6 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, incorpórase a participación de atletas con discapacidade en cadeira de rodas. Contactar previamente con secretaria@atletismo.gal

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?